Avelino González en Meis con Contos de ourora para xente de agora

O mundo tradicional e o actual en contos con lendas de mouras e lugares máxicos do noso Concello.

O mundo tradicional e o actual en contos con lendas de mouras e lugares máxicos do noso Concello.

Música, debuxos e contos. Divertidísima sesión.

A importancia de que nos coidemos persoalmente e que coidemos as relacións cos demais. Nais e pais axudan na representación dos persoaxes.

A bravura de Dulcinea e a maxia do debuxo nunha interesante sesión en defensa dos dereitos das nenas.

Contos, libros e música sobre o respecto e o cuidado á natureza. Unha fermosa sesión.

Narración que se posiciona a favor de compartir os espacios de xogo entre nenos e nenas. Interesante o papel dalgún dos adultos.
Divertido e participativo cun final moi lúdico.
O mércores día 3 de outubro tivo lugar na biblioteca municipal do concello de Meis, a actividade de “Un banquete con moito conto” da compañia “Andamiaxe”.
Os asistentes gozaron deste taller crativo, e tiveron a oportunidade de adentrarse nun restaurante moi especial donde a imaxinación e os libros foron os ingredientes principais dos pratos que degustaron.
Éste luns pola tarde na nosa Biblioteca, e encadrado dentro da semana do medioambiente, tocou sesión de experimentos coa actividade “A Ciencia de Harry Potter” con Ceo Aberto.
Un espectáculo científico do que todos e todas quedamos pasmados, maravillados e encantados de ir percorrendo o mundo creado por J. L. Rowling e analizando desde a óptica da Ciencia a viabilidade no mundo real, mesmo no universo literario de Harry Potter.
A nosa petición, rematada a sesión foi poder continuala en mais ocasións. Mesmo o alumnado aclamaba a mesma sensación.



…E por fin chegou a función máis agardada polos cativos/as da Escola Infantil Municipal de Meis, que a pesares de visitarnos por primeira vez, non podían agardar máis pola visita da nosa amiga da Biblioteca Dona Vanesa, a señora que traia o seu bolso cargadiño de flores, contos e sorpresas…e do que máis nos tiña intrigados/as era o nacemento dese paxariño que agochaba dentro dese gran ovo que nos mostraba.







Unha tardiña moi animada e participativa na que chegaron á nosa Biblioteca Pública de Meis, diferentes especies de árbores autóctonas cómo os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos…para contarnos as súas historias, velar polos bosques, fragas, soutos, e evitar os incendios, defendendo así o noso futuro.
Carballo con Botas foi o contador destas historias cargadas de valores en defensa dos nosos bosques, e o que nos animou a formar fila para sair da Biblioteca e abrazar ás árbores da nosa praza.


Séguenos