Este luns 26 de setembro na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda puidemos despertar a nosa curiosidade científica cun entretido obradoiro de ciencia impartido polas monitoras de Héroes para la Ciencia. Péndulo de Newton, bóla de plasma, caleidoscopios, paxaros en equilibrio e ata fluído non newtoniano de cor!!. Unha tarde na biblioteca na que as nenas e os nenos puideron aprender xogando que a ciencia tamén é divertida.
Este luns 19 de setembro comezamos nova tempada de animación lectora na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda da man de Trécola Teatro co seu contacontos “O tesouro”. Con dúas imaxinativas exploradoras viaxamos a mundos máxicos e sorprendentes na procura dun tesouro moi, moi especial.
Este luns 27 de setembro pasamos unha animada tarde co novo espectáculo musical de Paco Nogueiras “Extra!”,un orixinal concerto no que as diferentes seccións dun xornal serven de introdución para unha chea de cancións divertidas e moi, moi bailables.
Hoxe Luns 5 de Outubro camiñamos xuntos polo mundo dos contos da tradición oral da man da contadora Charo Pita. Coa súa sesión de contacontos “Andando polo carreiro” foinos narrando belas historias encadeadas con música para non perder o ritmo dos contos.
Este Luns 28 de Setembro acompañounos na nosa sesión de contacontos Pablísimo co seu espectáculo Príncipas e Princesos. Uns divertidos contos de príncipes rosas e princesas azuis que mantiveron entretidos aos nosos asistentes.
Este Luns 21 de Setembro visitounos na BPM Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) a contadora Fátima Fernández coa sesión “Cando os libros despregan as súas fantasías“. Os máis cativos da casa coñeceron da súa man a fantasía dos libros pop-up, libros-xogo que cobran vida coa súa lectura.
Séguenos