“A ciencia é divertida”, obradoiro impartido por Nita na Biblioteca P.M. “Mª José Ruso” de Dorneda- Oleiros
O luns, días 27 de outubro, tivemos a Nita na nosa biblioteca con dous obradoiros de ciencia.
O primeiro ás 17,00 hs. para nenos e nenas de entres 2 e 4 anos. Unha mezcla de contos e experimentos científicos destinados á súa idade.
O segundo obradoiro foi ás 18´30 hs. para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Tamén foi un éxito, como é lóxico tanto os contos como os experimentos eran máis complexos e acordes á súa idade.
Excelentes obradoiros nos que con cousas moi sinxela que todos podemos ter na casa se fan experimentos que parecen cousa de maxia.
Séguenos