Muller, escritora, en galego e… polo mundo! na B.P.M ” Casa Habanera”





Da man de Raquel, o pasado xoves poidemos desfrutar na Casa Habanera dos contos: A partes iguais, A máscara do león, A sopa queima, Pedra , pau e palla, O galo traganoces da editora Oqo.
Un auténtico pracer!!
A praza que temos non exterior da Biblioteca Pública Municipal ” Casa Habaneira” do Concello de Guitiriz, converteuse nun pequeno festival de música. Da man de Brinca&Emusin, que trouxo a súa actividade ” Un conto musical”, poidemos desfrutar un obradoiro dinámico onde explorar a música con todos o sentidos.
Ollade que ven ou pasamos maiores e nen@s!
Paco Nogueiras, achegou o seu espectáculo ” Brinca Vai!”, ata a Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz.
Cantamos, bailamos, brincamos, maiores e nen@s divertimonos da man de Paco Nogueiras. Baixo diferentes estilos musicais como rock, reggea, pop, ect, escóndense letras que van desde a amizade e a igualdade ata o respecto pola natureza ou as nosas festas tradicionais. Cancións para cantar e compartir, cancións para nenos e adultos.
Mirade que ben o pasamos!!
Partindo de coñecidas películas e series baseadas en libros, os e as participantes, alumnos e alumnas de 1º de ESO, do IES. POETA DIAZ CASTRO, aprenderon da man de Ainhoa, de Crearte Servizos Culturais, as claves para contar unha historia con perspectiva de xénero, reescribiron escenas e convertiranse en actores e actrices de dobraxe que deron voz, a súa voz, a eses personaxes que visualizaron despois na súa nova versión. Unha creativa proposta para fans do audiovisual que fomenta a igualdade.
O Mago Niko presentounos un espectáculo de maxia e son, baseado no libro “As aventuras de Alicia no país das maravillas”.
Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto “O flautista de Hamelín” no que descubriremos o que sucedeu en realidade.
A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaronnos como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de ratos que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.
Xa coñecedes a historia que vos contaron, é hora de coñecer a verdadeira historia de Hamelín.
Espectáculo a cargo de MOC MOC Espectáculos y animación.
Dan man de Montse Rivera poidemos disfrutar do obradoiro no día de onte ” Cóntoche un baile”. Actividade na cal dende os máis cativos ata os maiores disfrutaron do bo facer da artista.
Contacontos musical a cargo de Xiada, de Animar-t, realizado dentro do programa Ler contamoito. Os nenos e nenas de Guitiriz disfrutaron un montón coa actividade.
Valoración da actividade dos nenos e nenas que asistiron.
Séguenos