Catuxa nos conta A Cebra Camila

Catuxa estivo nas Pontes contando ao público miúdo un dos seus contos favoritos, A Cebra Camila. Como estaba un día estupendo fixemos a actividade diante da Biblioteca, no parque. Foi unha tarde moi divertida.

Catuxa estivo nas Pontes contando ao público miúdo un dos seus contos favoritos, A Cebra Camila. Como estaba un día estupendo fixemos a actividade diante da Biblioteca, no parque. Foi unha tarde moi divertida.

Os rapaces e rapazas das Pontes asistiron emocionados ás aventuras do dragón que no canto de botar lume botaba auga. Axudado por Xela o dragón atopou o seu lugar. Tamén axudou o público que berroulles aos títeres para que visen o que tiñan ás costas ou para que non se deixasen enganar. Pasamos unha tarde divertida e quedamos con gana de máis

María Lado achegouse ás Pontes para contarnos cousas arredor do mundo das cantareiras e das Letras Galegas. Ademais de explicarnos como construiu o seu libro sobre este tema, charlamos da importancia da trasmisión oral, da cultura tradicional e de literatura. Moitas grazas, María.
O xoves 15 estivemos celebrando as Letras Galegas 2025 nas Pontes. Grazas a A xanela do maxín percorrimos a historia das mulleres ás que se lles adicaron as letras para rematar coas Cantareiras, homenaxeadas este ano, aprendimos cousas da súa vida, desfrutamos dos seus escritos e da música. Que soen as pandeiretas!!

O pasado xoves 8 de maio tivemos a ocasión de divertirnos xunto a 2 Mind Combined. Estes espectáculos mesturan dúas cousas que nos encantan, a maxia e os globos.
Os nenos e nenas que viñeron ao espectáculo marcharon para casa contentísimos e coas figuras máis dispares feitas con globos.


O pasado Día do Libro a Biblioteca das Pontes foi unha celebración. Sobre todo grazas ao espectáculo Ondamini de Mamá Cabra. Os nenos e nenas ponteses, e tamén os adultos, bailamos, cantamos e pasámolo estupendo nunha das datas máis queridas para os lectores. Mamá Cabra sempre nos enche de alegría, música e bo humor. Grazas por acompañarnos este Día do Libro!


O pasado xoves 18 Sarabela Teatro visitou As Pontes para ofrecerlles aos nenos e nenas pontesas o seu contacontos O lapis de Martín. A rapazada participou da contada e ata inventamos algunha que outra palabra nova que lle regalamos a Sabela para que Martín a leve polo mundo adiante. Pasámolo moi ben!

O pasado xoves dentro do noso programa Xoves na Biblio achegouse ás Pontes David Méndez co seu espectáculo Maxia de aquí e de acolá. Como nos sucede sempre cos espectáculos de maxia volveusenos a quedar cara de absoluta sorpresa e incredulidade ao asistir aos diferentes “trucos” que nos ofreceu o mago. Un bo espectáculo para nenos e nenas, que tamén desfrutaron os adultos.

O pasado 18 de maio Ignacio Vilariño visitou As Pontes co seu espectáculo “A viaxe de Ramón Sanfiz”. Foi un pracer escoitar os contos da viaxe, as cantigas e romances e revivir con el o personaxe de Francisco Fernández Del Riego. Especial ilusión nos fixo o conto sobre O flan chino mandarían, a boa conta que o seu artífice foi o pontés, José Ferro. Moitas grazas Ignacio por facernos pasar unha tarde tan divertida.


Sabela Gago compartiu cos nenos e nenas das Pontes os contos das súas Maletas Viaxeiras. Tivemos a sorte de escoitala e rir con ela dentro do noso programa Xoves na biblio. Encantounos viaxar polo mundo da súa man nunha viaxe chea de fantasía e humor.


Séguenos