A peregrina máxica de Leo Leíño na Biblioteca de Fene

Hoxe día 14 de outubro, continuando co Ciclo Ler Conta Moito, pasou pola “Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene” o grupo Trémola Teatro, co seu espectáculo “Qué animaliño é?”. Os máis pequenos non perderon detalle dos diferentes animais que ían aparecendo na súa narración, nin dos segredos que éstes contaban. Unha actuación chea de cor, alegría e música que non pasou desapercibida nin a pequenos nin a maiores.
Hoxe 7 de outubro de 2021 na Biblioteca Municipal de Fene dou comezo o Ciclo Ler Conta Moito coa actuación de Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua do grupo Polo Correo do Vento. Un espectáculo moi orixinal no que a través da música, da imaxe e da fala contan a vida e obra da escritora Xela Arias. Ademáis unha vez finalizada a exposición da biografía da escritora o ilustrador axuda a facer dunha forma moi sinxela ó pingüín protagonista da historia, simplificándoo de tal maneira que sorprendentemente, tanto nenos como maiores foron capaces de debuxalo. Unha tarde moi entretida na compaña de Polo Correo do vento.
Onte ás 18 da tarde tivo lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene e organizado pola Biblioteca Municipal a través do Ciclo Ler conta moito, a actuación “A máquina do tempo”. Quedamos encantados todos os alí presentes desta maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de adentrarnos no mundo da historia, comezando pola prehistoria e rematando pola Idade Moderna. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes que aconteceron na historia da humanidade.
Gracias a tod@s pola vosa asistencia e por suposto, a Ghazafelhos pola súa actuación!!!
O pasado xoves 8 de outubro disfrutamos na casa da Cultura de Fene da actuación “O Lobo Bobo”, representada por Elefante Elegante. Os nen@s que asistiron ao espectáculo foron testigos de que o Lobo Bobo é un lobo singular. Contos de sempre, como Carapuchiña Vermella, Branca de Neve e os tres porquiños, contados dunha maneira diferente que sorprendeu a nen@s e a maiores.
Grazas a tod@s.
O pasado 1 de outubro dou comezo na Biblioteca de Fene o ciclo “Ler conta moito”.
Nesta primeira actuación os nen@s disfrutaron e pasaron unha tarde agradable na compaña duns monicreques que lles contaron unha historia tradicional cun chisco de chispa. Por suposto, coa axuda do seu narrador que en todo momento acaparou a atención dos máis pequenos interactuando con eles.
Grazas a tod@s.
Onte pasamos unha tarde divertidísima con Leo Leiño: maxia, humor, libros, moitos efectos especiais e ata neve tivemos na biblio!
Así da gusto celebrar o Día das Bibliotecas!
Moitísimas grazas a Leo pola súa visita, seguro que virá de novo moi pronto!
Compartimos con vos as fotos do obradoiro de onte! Foi unha actividade moi orixinal na que creamos contos, fixemos ilustracións e finalizamos cun marcapáxinas moi orixinal e personalizado!
O menú cheo de contos foi toda unha sorpresa e a camareira e o seu axudante súper atentos! A conta foi pagada con moita alegría.
Moitas grazas ás persoas asistentes, coma sempre e moitas grazas aos amig@s de Andamiaxe porque nos fixeron pasar unha tarde moi divertida.
Vaia tarde a de onte coa visita de Antón e Tomasa!
Moitas risas, sopresas, cancións, algún monstro e ata efectos especiais tiveron lugar o pasado venres 27 de setembro no seu novo conto tetralizado e posterior obradoiro de cociña “Antón e Tomasa en Acabaza encantada”.
O éxito foi tal que esgotamos prácticamente todos os libros sobre monstros e cociña que tiñamos na biblio!
Agardamos que os asistentes nos ensinen nas próximas semanas algunhas das súas receitas tras a inspiración do obradoiro de onte.
Grazas a Teatro Calavera , repetiremos!
O venres tivo lugar un contacontos e taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” a cargo dos nosos amigos Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
A actividade, que tivo lugar na sala infantil da biblioteca, rendiu homenaxe á figura de Antón Fraguas, historiador e etnólogo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.
O contacontos estaba baseado na publicación “A detective Peregrina e o insólito caso Antón Fraguas”,
e nel narran a historia, misturada coa realización dun mural no que participaron todas as persoas asistentes, para dar a coñecer a vida e obra de Antón Fraguas dunha forma moi divertida. Por último, nos ensinaron a debuxar paso por paso ao homenaxeado, Antón Fraguas. Unha actividade absolutamente recomendable.
Séguenos