A gran viaxe das Letras Galegas na BPM Irmáns Camba de Vilanova de Arousa
Celebrando o Día das Letras Galegas en Vilanova de Arousa con A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas
Celebrando o Día das Letras Galegas en Vilanova de Arousa con A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas

En Vilanova de Arousa , a Biblioteca Municipal Irmáns Camba celebrou o Día do Libro cunha actividade moi especial:
a actuación do mago Martín Camiña e o seu espectáculo “Unhas maxias impares”.
Nesta xornada dedicada á lectura, á imaxinación e ao poder das historias, a maxia converteuse nun complemento perfecto para achegar os máis pequenos ao mundo dos libros dun xeito lúdico e diferente. Os nenos e nenas puideron participar activamente no espectáculo, o que fixo que a actividade resultase especialmente divertida, amena e dinámica, fomentando ao mesmo tempo o interese pola lectura e a creatividade.
Para celebrar o día das Bibliotecas , na Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa tivemos un contacontos coa Fada Diana.

A través do seu relato e tamén con cancións , explicou ós nenos e nenas asistentes a importancia da reciclaxe , e tamén o noso deber de ser máis respetuosos co mediombente.

Celebrando o día das Letras Galegas diante da Biblioteca Irmáns Camba , co espectáculo de Culturactiva “Maxia entre liñas. Os asistentes, tanto cativos como maiores, pasaron unha tarde divertida e chea de maxia , na que interactuaron co mago en varios momentos

Celebrando o Día do Libro na Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Camba” de Vilanova de Arousa

Manuel Solla, a través do seu espectáculo “Viaxa cos libros” foi capaz de facer voa-la imaxinación de todos os nenos e nenas asistentes á Biblioteca Municipal Irmáns Camba o mércores 23 de abril.

Unha actividade entretida e dinámica , na cal participaron activamente os nenos provocando neles momentos de risas e sorpresa.
O Concello de Vilanova de Arousa organizou esta actividade nas inmediacións da Biblioteca Irmáns Camba, para celebrar o día das Bibliotecas.
Nenos e nenas disfrutaron dunha historia de piratas mesturadas con cancións típicas, que axudaron a interactuar cos artistas.

Celebración do día das bibliotecas

O día 17 de maio con motivo da celebración das nosas letras,invitamos a Caxoto para realizar un repaso a través da música e dos contos por diferentes homenaxeados no día das Letras Galegas ao longo dos anos, e por suposto mención especial para Luisa Villalta. Resultou ser unha xornada agradable e divertida na que grandes e pequenos poideron interactuar


O martes 23 de abril tivemos connosco a Paula Regueiro para festexar o Día do Libro!
Co seu contacontos “Anuncio por palabras”, fixo que grandes e cativos participasen da actividade .


Manuel Solla pasou por Vilanova de Arousa o domingo 21 de maio para encher as inmediacións da Biblioteca Pública Municipal Irmáns Camba de familias.
Continuando coa programación da semana das Letras Galegas 2023, esta actividade cumpliu co obxectivo de seguir contaxiando aos cativos co gusto pola lectura.

O 17 de maio de 2023, dentro da programación municipal polo Día das Letras Galegas, o Mago Paco levou a diversión para os máis pequenos á praza da Biblioteca Irmáns Camba.

Co seu espectáculo “Contamaxias” todas as familias alí presentes puideron disfrutar de historias contadas na nosa lingua entrelazando unha morea de chamativos trucos de maxia. O Mago Paco acaparou toda a atención dos cativos, que se asombraron con cada xogo de ilusionismo, ao tempo que se mergullaban no interés pola lectura e a narrativa.



Séguenos