Creamos libriños Pop-Up na biblioteca de Foz

Obradoiro moi completo no que Iria, de Xogando nas nubes, explica moi ben o que é un libro pop-up e como se fan os mecanismos para facer que as imaxes cobren vida e movemento. Os participantes estiveron moi entretidos creando o seu propio libriño cunha carpetiña de cartolina na que van engadindo as páxinas que van creando cos elementos pop-up. Na primeira hora do obradoiro todos os participantes elaboraron unha cara na que tiveron que recortar, pintar e decorar ao gusto para despois unir e pegar todos os elementos. Na segunda hora algúns fixeron unha bolboreta e outros unha colmea de abellas. Finalmente, pegaron as dúas páxinas e deixaron espazo para seguir creando na casa. O libriño quedou fabuloso e a rapazada moi contenta.


Este ano na biblioteca de Foz celebramos o día das Letras Galegas con A Xanela do Maxín, que a través do seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas” achegounos un pouco máis ás distintas figuras da literatura galega, dende Rosalía de Castro ata Begoña Caamaño. Unha viaxe a través do tempo para coñecer a lingua e a cultura galega. Unha actividade didáctica e moi participativa na que a rapazada se transforma en protagonista.
nenos e nenas que acudiron ao salón de actos da biblioteca pública de Foz achegáronse un pouquitiño máis á nosa tradición galega, da man da compañía andamiaxe e a súa actividade interactiva “Carmen, a cantareira de aldea” que combina a narración oral e a música. A través da historia de Carme e a súa pandeireta máxica, o público desfrutou dunha experiencia chea de valores e diversión, cantando e xogando cos ritmos de Carme.
o da programación do mes dos libros e das letras tivemos a sorte de contar coa presencia de Gemola que inundou a biblioteca dunha marabillosa enerxía co obradoiro de monicreques. A picaraxada pasou unha tarde moi entretida elaborando un cabaliño de cartón con elementos de papel e arte natural.
galegas na biblioteca de Foz co obradoiro “Debuxar letras” impartido por Alba Farto. Unha actividade de lettering moi demandada e
con gran aceptación, xa que se cubriron todas as prazas. A picaraxada aprendeu diversas técnicas para crear letras, mesturar cores co uso de pinceis, tintas e rotuladores. Ademáis realizacon os seus propios diseños que puideron levar á casa.
Seguindo coa progamación do mes dos libros e das letras, na biblioteca de Foz pasamos unha tarde moi animada con Esteban Acuña de Tarabelos e a adaptación do conto popular “O traxe novo do rei”. Unha interpretación con monicreques marabillosa que consigue captar a atención de todo o público asistente.
Na biblioteca de Foz, pola celebración do día do Libro, pasamos unha tarde moi animada coas historias de Carmen Domech e os seus monstros protagonistas de tres contos.
re ser feliz. Miguel Guido coa sua guitarra e a súa voz vainos narrando o proceso de como “lobo feliz” a través dos consellos dos animais do bosque consigue chegar a ese estado de felicidade. A picaraxada de Foz acompañados dos seus familiares pasaron unha mañá moi divertida cantando e ouveando aos catro ventos co grandísimo lobo feliz.


Séguenos