CONTACONTOS “O PAROLEIRO” DE PABLO PABLÍSIMO NA ALM DE SOBRADO
Onte día 23 de maio visitounos Pablo co seu contacontos “O PAROLEIRO” que fixo as delicias dos nenos asistentes
Onte día 23 de maio visitounos Pablo co seu contacontos “O PAROLEIRO” que fixo as delicias dos nenos asistentes
Esta actividade realizouse o pasado venres, 19 de maio en Bergondo.
Os participantes gozaron na actividade e sairon co seu propio conto!
Actuación moi participativa e educativa ,con contos moi ben escollidos sobre a igualdade e que logrou a participacion e implicación de nen@s e maiores.
O día 19 de maio na B.P.M. de Láncara o Mago Deimi amosou o seu espectáculo “A maxia está nos libros”, co que o público asistente disfrutou cos seus números de maxia e no que participaron tanto adultos como nenos.
A maleta da avoa, por Raquel Queizás.
O sábado ás 12:00 h escoitaron e cantaron.
O mércores, 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos na B.P.M. de Vilar de Santos a visita de Fran Campos, acompañado da súa guitarra e da súa amiga Filipa.
Pasamos unha tarde moi divertida e amena con esta sesión de contacontos, da que desfrutaron moito tanto nen@s como adultos.
Unha actividade moi recomendable para todas as idades.
O pasado martes 16 de maio, Sole estivo na Biblioteca coa súa proposta para festexar as Letras Galegas!
Nenos e nenas, mamás e papás, e algunha avóa, asistiron a unha sesión que nos achegou á figura do homenaxeado deste ano, Francisco Fernández del Riego. Soubemos de que lle gustaba facer fotografías, escribir, defender a cultura galega…e tamén comer rosquillas 😉
Deu tempo para rir, pedir desexos, escoitar historias…en resumen, disfrutar dunha tarde moi amena.
Moitas grazas coma sempre a Sole Felloza! 🙂
O venres 19 de maio tivemos na ALM de Domaio ao Mago Paco co seu HOCUS POCUS.
Houbo moitas risas, maxia e algunhas sorpresas.
AGRADABLE TARDE DOS NOSOS NENOS NA BIBLIOTECA DA MEZQUITA, NA QUE REALIZARON AS FORMAS BÁSICAS DAS LETRAS MINÚSCULAS E MAIÚSCULAS.
Séguenos