

Na calorosa tarde do mércores xuntouse un bo grupo de investigadores para descubrire o secreto, seguindo a refrescante música e os divertidos xogos que traía Iria (Trémola Teatro)Na bilbioteca Gonzalo Torrente Ballester capeamos o temporal cos incribles experimentos e as divertidas pócemas que trouxo a Alquimista Flora, da man de Cris Collazo. Que tarde máis divertida pasamos!!!!

Que ben o pasamos todos e todas, a que si?


Onte 22/04/2025 na Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu démoslle a benvida ao día do Libro co comezo da actividade de animación á lectura, Contos na biblioteca, esta actividade continuará o vindeiro día 29 de abril na Biblioteca de Beluso e rematará o 8 de maio na Biblioteca de Cela. Onte a rapazada divertiuse moitísimo coas historias do Gato Fazulas que acompañado do profesor fixo as delicias dos máis pequenos e tamén dos adultos que os acompañaron. E dende a biblioteca agradecer a visita tanto dos usuarios como a actuación de Fran co seu inseparable gato.

O xoves 24 de outubro, día das bibliotecas, na Biblioteca Torrente Ballester tivemos o inmenso pracer de celebrar o noso día dun xeito inmellorable, coa actuación de Tarabelos, que nos trouxo a súa obra, “O traxe novo do rei “ .

Un libro, un cheiro, un conto….Un traxe especial, para un rei especial. Este clásico da literatura infantil fixo as delicias da rapazada e non tan rapazada que se achegou ata á biblioteca nun día tan especial pero tamén na semana en que retomamos o servizo nun espazo renovado , despois de 2 anos de espera nos que os nosos pequenos non tiveron un espazo no que trastear cos libros como os libros se merecen.
Non puido ser unha inauguración máis exitosa e especial . Só me queda dar as grazas a todos os que se achegaron ata a biblioteca.
A actividade “Outubro de contos”, rematou na nosa biblioteca, despois de facer as delicias tamén nas outras bibliotecas da rede, a de Cela e a de Beluso.


A cativada achegouse onte en Bueu aos contos a través da maxia. Foi da man da actividade “Contamaxias” do Mago Paco. Un espectáculo moi divertido do que gozou o público infantil e familiar na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

Este luns 22 de abril pequen@s e maiores puideron gozar do “Menú máxico de contos” de Cris de Caldas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, xusto ao carón da biblioteca provisional municipal de Bueu. Neste contacontos houbo adiviñas e roliños de poesía con salsa agridoce, contos diversamente necesarios e outros contados a baixa temperatura. Que ben o pasaron!




Séguenos