CAMBIANDO O CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA EN CASTRO DE REI
NENOS E MAIORES AXUDAMOS AOS ACTORES DO GRUPO AVENTEIRA A CAMBIALO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.
FOI UN CONTACONTOS MOI PARTICIPATIVO E ENTRETIDO.
NENOS E MAIORES AXUDAMOS AOS ACTORES DO GRUPO AVENTEIRA A CAMBIALO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.
FOI UN CONTACONTOS MOI PARTICIPATIVO E ENTRETIDO.
Nenos e maiores de Castro de Rei disfrutamos co contacontos ” Amadeo e as historias do galiñeiro” narrado por Raquel García Crespo.
Con este conto aprendemos que como fixo o galiño Amadeo temos que loitar sen medo para conseguir as nosas metas.
O 20 de xuño o mago Pedro Bugarín ilusionou a nenos e maiores co seu espectáculo “Galicia ilusiona coa maxia”
e anima aos nenos a que ler é a mellor opción para este verán!!!
NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI NENOS E MAIORES DISFRUTAMOS CON XOÁN CURIEL E O SEU ESPECTÁCULO
“COMO MONTAR A TÚA BANDA DE VERÁN”, UN CONTO-CONCERTO MOI DIVERTIDO,
DIDÁCTICO E PARTICIPATIVO.
O venres 1 de outubro varios grupos do colexio de Castro de Rei disfrutaron cos “Contos da lúa”, un contacontos apoiado con marionetas e bonecos planos.
Descubriron que mentres dormen a lúa mira pola ventá e entra nos seus soños. Ademáis viviron un soño moi especial, o dun neno que era un gran lector chamado Calcetín.
O venres 17 de setembro a nosa biblioteca encheuse de maxia coa actuación do mago PEDRO BUGARÍN.
Un espectáculo superdivertido e moi participativo, para nenos e maiores, no que non faltou a música, o humor e a emoción de principio a fin.
Quedamos con ganas de repetir!!!
Onte ás 11 da mañá Olga Abad fixo disfrutar aos nenos e nenas coa historia de Maruxiña, unha osa moi especial e aventureira.
Coincidindo coa visita de tres grupos do Colexio Ramón Falcón de Castro de Rei, disfrutamos do espectáculo de Marionetas Trécola: Xogo Revolto. Os rapaces estiveron moi atentos a unha obra que soubo transmitir cómo se senten os demáis cando non os respetamos, e dándolles algunhas posibles solucións. Moi recomendable para nenos de 6 a 9 anos
Onte tivemos unha visita moi anunciada, e numerosa, chegou Anxo Moure, tamén coñecido como Carballo con Botas, a hacer un obradoiro – contacontos, e pouco despois chegaron 28 rapaces de 4º ,5º e 6º e primaria.
O título da actividade foi A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado. Trátase dunha actividade encadrada nas programadas Contra a Violencia de Xénero, e consistía nun Obradoiro de reciclaxe de novas, e contou tamén con contos, e moitísima interacción cos rapaces. Todo o acto estivo centrado na loita contra a violencia de xénero, coidado do medio ambente, o noso planeta, etc.
Este martes tivemos a visita de Dani Viéitez e Iria Iglesias, co seu espectáculo Igual. Fixeron un contacontos, e despois unha especie de debate sobre situacións discriminatorias. Depois fixeron un obradoiro de debuxo.
lbm01001
Séguenos