🐾 Unha biblioteca chea de animais e risas cos “Contos animados” de Carballiños


IV Feira da Cultura EnCaMiño
O pasado día 19 de xullo e dentro da progamación da IV Feira da Cultura EnCaMiño, tivemos a sorte de contar con Paco Nogueiras. Nenos, nenas e maiores gozaron bailando e cantando as cancións de Son Animal.
Paco Nogueiras en Miño unha actuación xenial.

Cando xuntamos a maxia dos contos coa maxia do Mago Paco surxe a palabra IMAXINACIÓN.


Unha marabillosa maña do mes de xuño que os 31 nenos e nenas do CEIP de Bemantes (Miño) e do CEIP de Torres (Vilarmaior) e as súas maestras compartiron co Mago Paco que fixo as delizas de grandes e pequenos, con moito conto e moita maxia.


O día 23 de Maio a Biblioteca Concepción Arenal de Miño Tivo a honra da visita de Fuco, un dos ratos de Lonxedetodo que nos fixo pasar unha divertida tarde de contos, cancións e poesías.
O numeroso publico que veu a esta sesión pasouno fenomenal con “Viaxes e Cancións dos Ratos de Lonxedetodo” de Trinketrinke.



Esta mañá na Biblioteca Municipal Concepción Arenal de Miño tivemos unha visita moi especial, 36 nenos e nenas da Escola de Bemantes(Miño) e de Torres (Vilarmaior), acompañados polas súas profesoras, viñeron a coñecer a biblioteca e a xogar coas rimas e escoitar os contos do espectáculo "O caracol namorado" de TrinkeTrinke Teatro.
Pasámolo todos e todas moi ben co rato Fuco e os seus amigos o caracol e a ra. Gustáronnos moito as súas cancións e a música do seu acordeón.![]()
![]()
![]()
O día 23 de Xullo na II Feira da Cultura EnCaMiño tivemos a sorte de contar con Paco Nogueiras. Mais de 70 persoas entre nenos, nenas e maiores gozaron bailando e cantando as cancións de Radio Bulebule.
Como sempre Paco Nogueiras xenial


Foron moitos os nenos e nenas que o pasado sábado 22 de xulio asistiron ao contacontos de Paula Carballeira dentro da programación da II Feira da Cultura EnCaMiño celebrada en Miño os días 21, 22 e 23 de Xullo.
Como sempre Paula non defraudou
Onte ás 11:30 a Biblioteca Concepción Arenal de Miño vestiuse de gala para recibir aos 30 nenos e nenas da Escola Unitaria de Bemantes que viñeron acompañados de 4 adultos.
Trinketrinke Teatro e os seus contos de animais do bosque encargáronse de que esta mañá de primavera sexa inesquecible para todos.



Séguenos