Gravado con Begoña Caamaño na biblio de Dumbría
Obradoiro de gravado. Iniciación a diferentes técnicas coa figura de Begoña Caamaño como vehículo condutor.
Adáptase a diferentes idades.

Obradoiro de gravado. Iniciación a diferentes técnicas coa figura de Begoña Caamaño como vehículo condutor.
Adáptase a diferentes idades.

A pasada semana Pedras de Papel visitaba a nosa ALM de Dumbría.
Electra tróuxonos un taller creativo moi entretido.
A rapazada adentrouse no apaixoante mundo da escultura con papel realizando o seu propio animal en 3D.
Actividade moi recomendable!

Formas que falan. Títeres de mesa. Mulleres artistas
Un obradoiro de elaboración de títeres de mesa empregando unha técnica sinxela: cinta de pintor e papel de xornal para crear o volume e corda e paus para articulalo.
A través desta actividade Babaluva achega aos asistentes a obra de mulleres artistas e deseñadoras na arte dos títeres.

O Sol de Outono achegounos a historia de Aldara ata Dumbría.
A través da historia da primeira viaxe de Aldara ata a montaña as persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer parte do patrimonio natural da nosa comarca, cos versos de Pondal de fondo.
Narración oral e música aliáronse para facernos pasar unha mañá entretida e moi educativa.

O xoves 15, dentro do programa Maio de Letras, Galitoon visitou a nosa biblio co espectáculo Os Descontacontos.
Foi un divertido espectáculo que, a través de dous títeres, conseguiu gran interacción e participación do público, que axuda ao avó protagonista a contar os contos clásicos dándolles unha volta e actualizándoos.
Gustou moito.

Da man de Lalá Teatro, coñecemos As Josefas.
Coa lingua galega como fío condutor, e a través da música, lendas e tradición, sérvenlle ao público para aprender máis sobre Galicia.
Unha actuación que resultou moi participativa por parte dos asistentes.

O pasado xoves chegou á nosa biblio a actividade Aprende a facer un podcast!, con Solovoz.
Explicación do concepto de podcast, seguido de diferentes aspectos a ter en conta para realizar un.
O monitor foi guiando ás persoas participantes para chegar a elaborar entre todos un guión e gravar o podcast.

Carballo con Botas, a través da figura dun avó zapateiro, contounos moitas historias coas que os cativos desfrutaron da tarde.
Zapatiños de cartón e a carta dos bosques achega unha sesión de contacontos do máis entretida.

Carballo con botas visitounos a pasada semana na biblioteca de Dumbría.
Entretidísimo contacontos que, xunto co aliciente de poder montar na ciclobiblioteca do Carballo con Botas, fixo as delicias de todos os asistentes.
Recomendable!

O pasado luns, Vero Rilo veu á ALM de Dumbría con E a ti… que che contaban?
Actividade que mestura a tradición oral, coa literatura popular e os libros. Todo isto vestido coa linguaxe de signos e un bo facer da artista que destaca por enriba de todo.
Historias entretidas, divertidas, educativas,… Contos que gustaron aos nenos e nenas de todas as idades.
Desta vez asistiu o alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría ao completo.
Moi, pero que moi recomendable!




Séguenos