En Esgos aprendemos a separar o lixo
Onte en Esgos aprendemos a separar ben o lixo nos diferentes colectores
E tamén debuxamos o noso títere
Onte en Esgos aprendemos a separar ben o lixo nos diferentes colectores
E tamén debuxamos o noso títere
Onte visitounos en Esgos Anxo Moure para contarnos historias de bosques coas que aprendemos moitos nomes de árbores, a coidar o medio, cantigas…
Hoxe a praza de Esgos encheuse de animais cos “Contos Animados”.
Tivemos que trasladar o contacontos á praza porque non dispoñemos de espazo para todos os nenos e nenas que acudiron.
O duende Dada volveu despois duns anos á biblioteca de Esgos e os seus contos de animais volveron a gustar moito.
O contos e as cancións de “Fantasías de papel” de Fátima Fernández gustaron moito en Esgos.
Estaba previsto que se celebrara na praza ó carón da biblioteca pero por mor das condicións meteorolóxicas tivemos que trasladalo ó centro cultural.
Anxo Moure achegouse ata Esgos co espectáculo Pes de lobo, un home lobo na biblioteca. Pasamos unha mañá chea de contos e cancións sobre animais, reciclaxe, coidado dos bosques…
O mago Paco estivo hoxe pola mañá en Esgos co espectáculo “Maxia divertida”. A choiva obrigounos a estar ó acollido e ainda que tomamos todas as precaucións (máscara, xel, distancia…) non puidemos evitar que se colaran na sala un montón de persoaxes e mesmo que ardera un libro.
Onte desprazamos o contacontos á praza, fronte á biblioteca de Esgos para poder garantir as medidas de seguridade.
Co “Nubinete contra o cambio climático” aprendemos sobre o coidado dos bosques e ademais pasámolo moi ben.
Onte pola mañá mozos e mozas de Esgos asistiron a un contacontos diferente: contos sobre igualdade e violencia de xénero para adultos.
Gustou moito!
Onte pasamos en Esgos unha mañá diferente. Ana Hermida achegounos ó mundo dos contos nos que as princesas son buscan príncipes, os monos e as monas aprenden inglés…
Séguenos