“Obradoiro de ilustración” impartido polo ilustrador Xosé Tomás
Na Biblioteca Central Rialeda, sita en Perillo (Oleiros), realizouse o día 22 de abril de 2013, ás 9:15 horas, a actividade denominada “Obradoiro de ilustración” impartida polo ilustrador Xosé Tomás, incluída no programa “Ler conta moito” desenvolto pola Rede de Bibliotecas de Galicia.
Neste obradoiro, Xosé Tomás explicou os procesos para a realización dun libro e diferentes técnicas básicas para ilustrar: Proponlle ao público participante a realización de varias ilustracións a partir de frases ou de sinxelos textos.Unha vez realizadas, vainas comentando e suxerindo novas propostas.
Foi unha actividade excelente con moi boa comunicación entre o ilustrador e os asistentes.






