“Historias da Maletra” de Raquel Queizás en Valga
O domingo, día 15 de setembro, en Valga celebramos o inicio do curso con Raquel García Rodríguez que, dando mostras dunha gran profesionalidade, fíxonos viaxar polo mundo adiante coñecendo diferentes culturas e costumes, incluíndo lendas e historias antigas que nos axudaron a redescubrir a nosa propia historia e cultura galega.









