Títeres Cachirulo e o seu Libro da Selva visitan a ALM de Castrelo
O pasado 21 de abril, as bibliotecas e axencias de lectura de Cambados iniciamos a celebración do Día do Libro, que este ano quixemos estender a toda a semana, grazas ao Programa Ler Conta Moito. Para iso contamos coa axuda dos Títeres Cachirulo. Así pois, a primeira en homenaxear aos libros e a lectura foi a Axencia de Lectura da parroquia de Castrelo. Como o luns foi día non lectivo gozaron da sesión de títeres pola mañá… e vaia se gozaron! grazas as aventuras que descubriron co “Libro da Selva”.
Asistiron entre nenos e pais unhas vinte persoas, que ademais ao rematar a mostra puideron xogar coas personaxes da historia. Ao rematar, todos levaron a dirección da páxina web da compañía para poder descargar os xogos e actividades relacionadas co conto.






