Obradoiro de ciencia en Palas de Rei
O venres, día 9 de maio tivo lugar un obradoiro titulado “Ciencia ou Maxia?” Foi unha experiencia moi positiva xa que foi unha actividade participativa na que os nenos e nenas asistentes quedaron engaiolados ó ver como os experimentos científicos daban unha explicación a uns fenómenos que, a primeira vista, parecían maxia. Gustoulles aprender como poden eles mesmos levar a cabo algúns deses experimentos científicos.




