RETRATANDO A DÍAZ CASTRO NA BIBLIOTECA DE A RÚA
O día 12 de Maio pola mañá, 19 nenos de 5º de primaria do Celexio Pablo VI-Fátima da localidade participaron no obradoiro “Retratando a Díaz Castro”. Este obradoiro creado por Mirari Urruzola, achegou a figura do homenaxeado das Letras Galegas os nenos, mediante a tecnica cubista, posto que esta emprega a perspectiva multiple, a mais axeitada para plasmar as diferentes facetas do autor, como son as de poeta e tradutor de 14 linguas. Os nenos seguiron con atención as indicacións da monitora e realizaron 19 graciosos retratos cubista de Díaz Castro o tempo que coñeceron mais datos do homenaxeado.






