Escolares da Rúa xogaron e aprenderon con ‘A Ruleta das Letras’.
Na mañá do 18 de maio, escolares da Rúa visitaron a Biblioteca Pública Municipal para celebrar o Día das Letras Galegas participando na actividade ‘A Ruleta das Letras’.
Os asistentes tiveron que poñer a proba as súas habilidades para saber quen se agochaba tras cada panel da ruleta. Por medio deste divertido e dinámico xogo de coñecemento, descubriron máis sobre os escritores e escritoras máis importantes e as súas obras. En definitiva, coñeceron máis sobre a literatura galega.
Séguenos