“LETRAS E NOTAS” CON MAGÍN BLANCO NA BIBLIOTECA DE A RÚA
Para pechar a semana das “Letras Galegas” contamos na biblioteca coa actividade “LETRAS E NOTAS” con MAGÍN BLANCO. A biblioteca de A Rúa ateigouse de nenos de infantil e primeiros cursos de primaria dos colexios do Concello: Pablo VI-Fátima e Manuel Respino. Arredor dun cento de nenos e 10 profesores participaron no espectáculo musical no que Magín Blanco ía creando un universo con abecedarios, números, adeviñas e contos. Os nenos cantaron e bailaron. ¡Pasaron un rato moi divertido!.