“Obradoiro de cómic” na Biblioteca de Portonovo
Onte tivemos unha actividade moi entretida e didáctica, xa que todos aprendimos como facer viñetas, bocadillos, onomatopeias…para crear un cómic feito polos rapaces e rapazas.


Moitas grazas a Santy Gutiérrez, debuxante e ilustrador, que nos fixo pasar unha tarde moi amena na biblioteca.
E para rematar, Santy quixo deixar a súa pegada nas novas historias ilustradas por él que a biblioteca acaba de mercar.