“Obradoiro de cómic” na Biblioteca de Portonovo


Onte puidemos gozar en Santa Marta, dun obradoiro esencial para todas aquelas persoas que teñan ganas de mancharse as mans creando textos, porque é tan importante que contamos como o xeito en que o facemos, diso vai este obradoiro , de aprender dende a práctica, traballando con estímulos creativos variados, mesturando ingredientes para crear historias redondas.
Na Biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes de García Rodríguez nesta xornada de xoves tivemos a visita do Faiado de Nin. As nenas e nenos fixeron unhas fermosas bolsas de tea que estiveron cheas de creatividade e de mensaxes de loita pola igualdade de homes e mulleres. Foi unha sesión moi divertida e inspiradora.
Supervoladora, Cazaman, Superconejo, Superunicornio… estes son algúns dos superheroes e superheroínas que xurdiron da imaxinación dos nenos participantes no Obradoiro de Laura Alonso “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína” este luns 8 de outubro na biblioteca de Dorneda. Unha interesante e imaxinativa actividade que despertou a creatividade dos asistentes.
O luns 24 de setembro a creatividade chegou á nosa biblioteca da man dos nenos participantes no Obradoiro de Ilustración de Babaluva. Mirari Urruzola ensinoulles a arte da estampaxe e xuntos crearon divertidas e orixinais obras de arte.
O pasado día 5 de xullo os nosos lectores poideron participar no Obradoiro de Bolsas/mochilas para lectores impartido por O Faiado de Nin.
Cada participante elixiu un modelo e cor de bolsa ou mochila no que plasmar o seu deseño relacionado cos libros e a lectura.
O resultado foron uns preciosos modelos nos que poderán levar os seus libros este verán.
O xoves, 28 de xuño tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar con Patricia de “O Faiado de Nin” que impartiu un obradoiro de deseño de mochilas para os nosos lectores e lectoras máis novo/as.
Patricia amosoulles os diferentes materiais que podían empregar, ao mesmo que tempo que lles mostraba exemplos para alimentarlles a imaxinación. O resultado final foron uns orixinais deseños e os participantes marcharon encantados coas súas mochilas cheas de libros.
Na Biblioteca Pública Municipal de Poio celebramos o Día do Libro aprendendo con Estefanía Padullés a converter as nosas historias nun álbum ilustrado. Primeiro os nenos e nenas escoitaron a historia dun galo que tiña que espertar ao sol e debuxaron unha chea de animaís e lugares para inspirarse, e remataron a tarde creando os seus propios personaxes e ilustrando a súa propia historia.
Obradoiro de Carlos Casares.
Mirari e os nenos de Sada traballaron cos textos de “As laranxas mais laranxas de todas as laranxas” e a “Galiña azul” e fixeron este precioso mural.
Día 7 de abril de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día do Libro Infantil (2 de abril) e en vista dos 2 certames de debuxo que temos convocados (Debuxo infantil Letras Galegas 2017, e Certame Mulleres de Lemos en modalidade de Banda Deseñada sobre Balbina López Somoza) deixamos o móbil e puxémonos a debuxar con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Hermanager
o 7 de abril, ás 17:00 na sala infantil
Empezamos cunha práctica con personaxes que xa coñeciamos, para que nos fora un pouco máis fácil perder o medo a comezar a debuxar.
Calculamos as perspectivas e vemos que aínda que non saia “calcado” tamén queda ben. Ningún debuxo é coma outro e podemos facer moitos trazos a lápis para ver cal nos gusta máis e ese será o que repasemos a bolígrafo ou rotulador.
Vemos os diferentes tipos de viñetas, planos e os “bocadillos” que serven para falar, pensar, susurrar, mostrar medo, etc. Un montón de recursos que nos serven para expresar cousas sen necesidade de escribir.
Séguenos