27/08/2021
O sábado 27 de agosto, grazas a Solidaridade Internacional de Galicia e da man de María, a contacontos, e a nosa amiga imaxinaria: “Irene”, os nenos/as, nais e pais da Axencia de Lectura de Parada de Sil viaxamos ata Guatemala para coñecer moitos detalles deste fermoso país: costumes, alimentación, paisaxes, música, baile… e un conto moi antigo. Foi unha actividade moi enriquecedora e participativa, na que descubrimos Guatemala cos cinco sentidos: tocando unha pedra de lava, cheirando o arrecendo do café, vendo a súa paisaxe rodeada de mar, ouvindo a marimba e cantando cancións típicas.
Ao final a nosa contacontos María, regalóunos un libro precioso para voltar a soñar e viaxar con Irene ata o país africano de Senegal.
Grazas María, “Irene” e Solidaridade Internacional de Galicia por acercarnos un chisco á vida e cultura de Guatemala!
Séguenos