Cerámica creativa na biblio de Buxantes
Muxiarte achegouse á nosa biblio dentro do programa Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría, coa actividade “Cuncas creativas: imaxinación en cerámica”.
Despois de buscar a inspiración nas historias favoritas dos participantes, cada un decorou a súa taza, obtendo uns resultados do máis diversos.
Unha actividade apta para idades moi diversas e na que disfrutaron pequenos e maiores.
Gustounos moitísimo!!






