Cal é o teu libro favorito? na Biblioteca Municipal de Bertamiráns
O pasado sábado día 25 finalizamos a programación do Día do Libro en Ames con este oradoiro na biblioteca de Bertamiráns. Con cartolinas de cores, cola e explorando as posibilidades das distintas texturas e achegándonos ao concepto de volume, os cativos e cativas pasaron unha divertida tarde creando o seu personaxe literario favorito.





