Abrapalabra en Buxantes (Dumbría)
Esta semana recibimos a visita de Pinocús, que nos achegou o espectáculo Abrapalabra.
Empregando as palabras, a música e a maxia fixo que o público participase e se divertise.
Que ben!
Esta semana recibimos a visita de Pinocús, que nos achegou o espectáculo Abrapalabra.
Empregando as palabras, a música e a maxia fixo que o público participase e se divertise.
Que ben!
Esta semana a nosa biblio converteuse nun obradoiro de cestería.
Pedras de Papel, Artesanía e Patrimonio achegounos a un oficio artesanal e tradicional en Galicia: a elaboración de cestos.
Elaborándoos a partir de papel reciclado, esta actividade contribúe, ao mesmo tempo, á concienciación da rapazada sobre a importancia da reciclaxe e de coidar o medioambiente.
Moi recomendable!
O pasado luns achegouse á nosa biblio Babaluva Teatro co seu espectáculo “Garavanciña e o esquío”. Pór música a un conto.
Foi unha actividade moi entretida e que promoveu a interacción do público asistente.
Gustounos moito!
A tarde do mércores foi do máis entretida na biblio de Buxantes.
O Capitán Igualdade visitounos e contounos a historia dunha nena que quería ser pirata e dun neno ao que lle encantaba pintar as unllas.
Díxonos que todos e todas podemos ser o que queiramos, que non hai unhas cousas de nenas e outras de nenos.
Todos e todas somos iguais!
Encantounos a contada!
Tarde musical a que vivimos o sábado na biblio de Buxantes.
Tropa de Trapo achegounos Contos para nenas grandes e pequenas que nos gustaron moitísimo.
Na tarde do venres recibimos a visita de Mulleres Científicas, unha actuación a través da cal coñecemos a traxectoria de varias mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia.
De maneira lúdica e interactiva, os pequenos puideron coñecer ilustres científicas e viaxar a través da historia.
O pasado sábado 10 de outubro na ALM de Buxantes vivimos a Festa dos Monicreques.
Larraitz Urruzola achegounos a tradición dos títeres de cachiporra, a súa andadura no mundo e en Galicia, e deleitounos cun espectáculo divertido e apto para tódolos públicos.
A tarde do domingo 27 de setembro, Pedro Brandariz tróuxonos á ALM de Buxantes unha morea de contos de michos.
Contos que transmiten valores, que divirten, que entreteñen; contos que gustaron moitísimo.
Agradecemos a colaboración de Pedro e a súa total dispoñibilidade para que a actuación poidera saír adiante da mellor maneira.
Séguenos