Animación á lectura en BIBLIOPAZOS con “O LIBRO VIVO” de Expresión Producións
O pasado Venres 3 de Maio ás 13:00 horas tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o espectáculo “O LIBRO VIVO” de Expresións Producións, unha actividade que forma parte do programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos e do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas LER CONTA MOITO que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia) en colaboración cos concellos galegos titulares dalgunha biblioteca ou axencia de lectura públicas integradas na rede de bibliotecas de Galicia.
“O LIBRO VIVO” foi un espectáculo de contacontos teatralizado con monicreques, cancións e maxia no que o libro foi o fío do mesmo; cheo de ilusión e maxia, dun libro xigante, vivo, sairon moitísimas sorpresas: personaxes, contos… Un espectáculo interactivo, dinámico e divertido.
Asistiu a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, que o pasaron estupendamente ben.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA