Pablo Díaz na Biblioteca da Guarda con “Cantacontos para bebés”
O sábado 20 de maio, na Biblioteca Pública Municipal da Guarda contamos con Pablo Díaz e o seu espectáculo “Cantacontos para bebés”. Foi unha viaxe a través dos contos coa música como fío conductor. Pequenos e maiores participaron nunha sesión chea de fantasía e ilusión. Pasámolo xenial!!!

Os contos

A frauta

A guitarra e dous ratiños atraídos pola música

Pequenos e maiores moi atentos

Queremos máis!!