“A bruxa Maruxa non quere ser bruxa” Con Batucado & Emusín na BPM da Guarda
A bruxa Maruxa non quere ser bruxa, quere ser contiñeira. Filla, Neta e Bisneta de Bruxas, esta rapaza irá contando a súa historia á vez que introduce no diálogo contos da literatura galega e algunhas cancións populares. Ademais, buscará a participación activa dos asistentes na repetición das cantigas, meigallos e na narración dos contos.
Nenos, nenas e familias participaron con entusiasmo, cantaron, bailaron e botaron unhas risas.
Séguenos