“Trispilistriñas. Contos para bebés” de Pavís Pavós na BPM da Guarda
“Trispilistriñas. Contos para bebés” é unha actividade de narración oral destinada a bebés de entre 0 e 3 anos e acompañantes cunha duración aproximada duns 35 minutos. “Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiñas, trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas.” Temos unha riqueza espectacular na nosa tradición oral que precisa ser recuperada. Sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e acompañantes.
Nenos, nenas e familias pasaron un bo rato de lecer e participaron activamente na actividade.