Estrazalonia na Biblioteca de Silleda
O pasado día 24 de outubro puidemos gozar da obra teatral “Estrazalonia”, da compañía “O baúl da tía tola”.
Un espectáculo dirixido a nenas e nenos de 1 a 5 anos para que viaxen, a través das emocións, sensacións, sorpresas e ilusións, ao mundo de Estrazalonia, onde ademais de falar galego tamén se fala o “tilintilonio”.
O público infantil pasouno en grande con este espectáculo tan divertido.