LIBROS e IOGA na ESCOLA de MONSTROS
O pasado venres, nenos e nenas de entre 4 e 7 anos aprenderon as súas primeiras posturas de ioga e escoitaron atentos as aventuras de Escola de Monstros.
Raquel Senra, de Árbore Azul, volveu a Sada para ensinarlles a xogar co corpo, a voz e a respiración.
E elas e eles aprenderon entre risos.





