“Coser e cantar” na BPM do Grove
Marta Ortiz comezou a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan.

Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreu mundos onde os fíos falaban, as caixas de costura abrían as portas da fantasía e os bastidores de bordar eran fiestras onde asomarse a historias prohibidas.

Narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.





