“Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica” na Biblioteca Pública Municipal da Guarda.
O sábado, 17 de xuño, contamos coa compañía BocAberta e o seu espectáculo “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”, interpretado por Carla Capeáns.
Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. O día do seu aniversario, a súa avoa agasállalle un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos. No camiño, diferentes elementos da natureza fan que percorra o ciclo da auga.
Unha actividade con música, teatro e danza na que os asistentes participaron con entusiasmo acompañando a viaxe de Carmiña.
Pasámolo xenial!!!
Séguenos