MaxicoSons : Unha aventura entre libros
Na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, o día 25 de abril ás 19:30 horas, tivo lugar a actuación MaxicoSons, a cargo do músico Álvaro Muras e do ilusionista Martín Camiña. Como foi unha actividade con moito público, máis de 80 nenos e 70 adultos. Para poder acoller a todos desenvolveuse no salón de actos. Todos pasaronlo moi ben.







