Elefante Elegante representa en Carnota Lobo Bobo

O 11 de xullo a compañía Elefante Elegante representou en Carnota o espectáculo Lobo Bobo ante un nutrido grupo de nenas e nenos acompañados dos seus familiares.
Un lobo pacifista e vexetariano e unha malvada madrasta, que acaba convertida nun adorable porquiño, fixeron as delicias dos máis pequenos, nesta divertida e sorprendente revisión dalgúns contos clásicos ben coñecidos por todos, coma Brancaneves ou Carapuchiña vermella, da man de Gonçalo Guerreiro.





