“CONTOS AO REVÉS” na Axencia de Lectura de Santiso
O día 11 de xullo, a través de Xanela Ocio, na nosa Axencia de Lectura tivo lugar a actividade de “Contos ao Revés”. Os máis de 60 participantes escoitaron diversos contos que fomentaban o valor da igualdade e pasaron unha xornada moi divertida.