O MÉTODO CIENTÍFICO NA BIBLIOTECA DE MONFORTE DE LEMOS
O día 31 de marzo de 12 a 14 horas, quince investigadores de entre sete e doce anos visitaron a Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos para recoller a información que lles permitiu levar a cabo importantes experimentos científicos. Pasaron dúas horas moi divertidas coas monitoras de IMAXINATIA que os orientaron en todo momento polo divertido e misterioso mundo da ciencia.







