LEO LEIÑO COS MÁIS CATIVOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
O pasado venres 6 de outubro, Leonor e Cristina (Leo Leíño) visitaron a biblioteca municipal de Monforte de Lemos. Nenos e nenas de entre 5 e 6 anos asistiron a un espectáculo de maxia que os tivo engaiolados durante a hora que durou. Libros que arden pero non se queiman, a historia do Principiño, Don Quixote e outros parsonaxes literarios sirven de fío conductor para os números de maxia que combinan coas historias destes libros.
O público quedou moi satisfeito da actuación destas dúas magas boas que despertan moita tenrura entre os máis pequeniños.
Séguenos