O cociñeiro ANTÓN e pasteleira TOMASA en Carballedo
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeronlles unha visita moi especial este mércores ó alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada, da Barrela. Na Biblioteca do centro, 58 nen@s de Infantil e Primaria gozaron coas historias e argalladas destes dous expertos dos fogóns….e fixeron as súas propias creacións coa pasta de azúcre “fondant”.







