Cambados inicia a Semana do Libro na ALM de Oubiña!
O pasado luns 20 de abril, dentro das actividades para celebrar o Día Internacional do Libro, a ALM de Oubiña en Cambados foi a primeira en recibir a Xanela Ocio e os seus Contos ao Revés.
A través do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia puidemos gozar dunha actividade de animación á lectura dirixida sobre todo aos máis cativos da casa para fomentar a igualdade e o respecto, onde se amosaron historias onde as bruxas son boas e os príncipes, feos
A sesión fixo as delicias de todos os asistentes que permaneceron impasibles durante os 50 minutos da sesión. Na axencia de lectura quixeron homenaxear dun xeito tan orixinal as boas historias e os libros.








