DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA DE DODRO
Onte , 23 de abril, visitounos Pablísimo, para celebrar o dia do libro na biblioteca, co seu divertidísimo espectáculo “Contiario”.
Contounos unha morea de historias, contos con moitos finais, adiviñas, contos-canción, … e fíxonos botar unhas boas gargalladas.





