Maxia Cómica na Axencia de Lectura de Guillade
O día 21 de abril, para abrir boca de cara a celebración do día do libro, celebramos na axencia de lectura de Guillade,unha representación de maxia cómica da man da inigualable Leo Leiño.
Todo o publico, gozou dos números, dende unha linda galiña que puña ovos máxicos, ata un libro que ardía, un neno que se converteu nunha fonte, un billete especial, unha batalla de ovos…..
Aínda resoan as gargalladas.








