CARBALLEDO estivo “XOGANDO COAS LETRAS”
A modo de peche deste mes tan intenso das Letras Galegas, @s rapaces de Carballedo participaron nunha actividade na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada que despertou o seu interese e curiosidade. Xogaron a construir unha morea de palabras en tódolos idiomas que coñecían…unha sesión lúdica e a vez educativa que pretendía promover a importancia do respecto polas diferentes linguas.







