Catalina Lino Lina en O Carballiño
Dentro das actividades programadas na Biblioteca de O Carballiño para a celebración do Día das Bibliotecas, onte chegou a O Carballiño o espectáculo “Catalina Lino Lina”, peza teatral que une a maxia dos contos infantís, cos monicreques e unha moi boa posta en escea.

Os asistentes, tanto pequenos coma maiores, disfrutaron moito coa actividade.




