Espectáculo ” Mans ” na B.P.M. do Pereiro de Aguiar

O xoves día 31 de Marzo, a compañía Os Contos de Pablísimo representou na B.P.M. do Pereiro de Aguiar o espectáculo Mans, dentro do Programa Ler Conta Moito.
Os nenos e as nenas mergulláronse no mundo animal a través das sombras, contos e cancións. As mans inquietas dos máis pequenos tamén formaron parte da posta en escena, que rematou con risas e aplausos.




