Poemas e contos con Manuel María en Dodro
O luns, 16 de maio, na Biblioteca Municipal de Dodro, Marisa Irimia homenaxeou ao escritor Manuel María co recitado dalgúns dos seus poemas e co relato de contos inspirados nas súas obras.
Estas historias estiveron protagonizadas por elementos presentes no espazo rural, unha realidade coñecida polo público asistente que empatizou e disfrutou moito co relato.

Marisa Irimia estivo acompañada por Diana, quen animou a sesión coa música do seu violín, creándose unha atmósfera moi emocionante; experiencia que recomendamos ao resto das bibliotecas da Rede.




