En Cambados, celebramos o centenario das Irmandades da Fala
Onte, 18 de maio, conmemorábase o centenario da creación das Irmandades da Fala. Con tal motivo, quixemos achegar a figura dun dos seus máximos promotores, Castelao.
Grazas a A Xanela do Maxín e o seu teatriño de sombras fomos descubrindo como eran os personaxes da época do autor, reflectidos na súa obra… os rapaces mesmo puideron manexar as figuriñas no teatriño que Celtia nos agasallou… e pasárono en grande!





