Cabaret Infantil Prodixio – CSC de Conxo – Santiago de Compostela
Contada dramatizada de contos breves nos que a rapazada tivo a oportunidade de participar activamente representando as escenas que se ían narrando. A través deles fomos espantando ou afrontando diferentes medos (á soidade, ao noso propio nome,…) e por se aínda nos quedaba algún puidemos escribilos nun papeliño para que Vicky o levara ben lonxe.
Foi unha actividade moi interesante e a selección dos contos e a maneira de narralos e representalos moi axeitada, captando a atención da rapazada dende o primeiro momento.







